Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A MESA PREGUNTA

Como vai facer a Xunta para garantir o dereito de atención en galego?

Carlos Callón expuxo ao director xeral de Función Pública a situación secundaria que padece a lingua propia do país mesmo na Administración autonómica.

Redacción - 18:45 24/07/2009

Logo de que o Goberno modificase a Lei de Función Pública, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, e o máximo responsábel do departamento que xestiona o emprego público no noso país, Xosé M. Barreiro Díaz, mantiveron unha xuntanza. Callón trasladoulle ao director xeral de Función Pública a situación "inxustamente secundaria" na que se atopa o galego, "mesmo na Administración" e reclamou "que se adopten medidas para garantir o dereito á atención en galego".

A Mesa entende que a través deste cambio legal, " a lingua propia do país deixou de ser na práctica un requisito en igualdade co castelán" e así llo trasladou ao director xeral, xa que "esta modificación supón unha merma dos dereitos cidadáns".

Finalmente, na xuntanza, que foi cordial, Carlos Callón preguntou "como vai facer a Xunta para garantir o dereito de atención en galego?" e lembrou que a normativa estatal sinala que os administrados temos o dereito a sermos atendidos na nosa lingua propia, así como o Estatuto de Autonomía, o Estatuto do Empregado Público, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Mesa lembroulle ao director xeral que a normativa estatal sinala que os administrados temos o dereito a sermos atendidos na nosa lingua propia
A Mesa lembroulle ao director xeral que a normativa estatal sinala que os administrados temos o dereito a sermos atendidos na nosa lingua propia