Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Concentración

Unhas 200 persoas piden unha Xustiza en galego

Foi perante os xulgados de Compostela, onde fora chamado o presidente da asociación, Carlos Callón, por unha denuncia do xuíz Antonio Fraga.

Redacción / EP - 18:21 17/06/2009
Carlos Callón

Carlos Callón

Arredor de 200 persoas concentráronse esta cuarta feira perante os xulgados composteláns. Deste xeito, amosáronlle o seu apoio á reivindicación da Mesa pola Normalización Lingüística a prol do uso do galego na Xustiza.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou que a concentración simbólica coincidía coa súa citación para declarar despois de que o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga, o denunciase por un suposto delito de calumnias e inxurias.

Callón lembrou que a denuncia foille presentada por ter defendido a lingua contra o xuíz, que denunciou un veciño da cidade da Coruña que solicitara recibir as notificacións "en galego e co topónimo oficial". O presidente da Mesa rexeitara a manifestación do xuíz, que dixo que non tiña "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña".

Callón considerou esa afirmación "unha apoloxía da desobediencia da legalidade", algo "grave" para un maxistrado "que non se debería guiar por ningún outro criterio na súa función pública que non fose a plena aplicación da lei". O responsábel da Mesa decidiu non declarar porque "non estaban claros os termos da denuncia", que enmarcou "nunha campaña moito máis ampla de demonización da asociación, cunha virulencia inusitada nos últimos oito meses".


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: