Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO O PSDEG

O anteproxecto da Lei de Augas que aprobou a Xunta non existe

Os socialistas afirman que o único que pasou polo Consello foi un informe do conselleiro de Medio Ambiente sobre a necesidade de tramitar unha nova regulación.

Redacción - 14:00 28/07/2009

O presidente da Xunta "mentiu para agochar o incumprimento do seu compromiso de presentar unha nova Lei de augas nos 100 primeiros días de goberno". Así o asegura a portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista, Carme Gallego, quen revelou que o pasado xoves 23 de xuño non se aprobou no Consello da Xunta un anteproxecto da Lei de Augas de Galiza, tal e como anunciara Alberto Núñez Feijoo. En concreto, a socialista subliña que na documentación anexa á xuntanza evidénciase que "o único que pasou por ese Consello foi un informe do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, sobre a necesidade dunha nova lei".

Gallego considera que o anuncio de Feijoo se enmarca nunha estratexia habitual no novo Goberno, con Consellos cheos de informes pero con poucos proxectos". Ademais, recordou que á única novidade que anunciaba o presidente era cobrar a auga en función do seu consumo, "cando é algo que todos sabemos que xa sucede" e lamentou que o presidente se adique a "lanzar globos sonda para saber o que pensa a cidadanía e logo tomar decisións". Nesta liña dixo agardar "que isto non teña que ver coa intención de incrementar o custo da auga nun 97% aos consumidores".

Parálise ambiental
A voceira socialista lamentou que Feijoo "minta aos cidadáns" e considerou á Consellaría de Medio Ambiente "o paradigma da parálise" co "descenso de licitación de obra pública" e a "paralización do programa de saneamento das rías e do Parque de Carballeda de Avia". Así, lamentou que o Goberno volva "á filosofía da incineración e ao modelo Sogama", así como ao "aproveitamento eléctrico dos ríos".

Finalmente, destacou que "Galiza precisa realmente unha nova Lei de Augas", que actualice a normativa de 1998 con adaptacións á lexislación europea e que inclúa o "fomento do aforro da auga".


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: