Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Enquisa sobre a lingua ás familias

PSdeG: "Un despropósito que non serve para nada"

A deputada socialista Mar Barcón pregúntalle a Feijoo "para que ten servido utilizar a lingua como elemento de división".

Redacción - 17:00 31/07/2009

"O que non atopamos na enquisa é a resposta que ten que dar o Goberno sobre o idioma no ensino", puntualizaba este venres a voceira adxunta do grupo parlamentario do PsdeG, Mar Barcón. Na súa opinión, o desta xornada é un episodio máis da "historia dun despropósito que non vale para nada". "Estamos na mesma situación que hai cen días, porque ou o presidente que meteu Galiza neste problema ou o conselleiro teñen que tomar unha decisión coa mesma responsabilidade que cando tomaron posesión, e igual que decidiron retirar os libros gratuítos para 130 mil familias galegas", afirmou.

"Que vai facer agora Feijoo coas promesas que sabía que non podía cumprir", interpelou a deputada socialista ao presidente da Xunta. Barcón acusa o presidente de autorizar con esta enquisa un instrumento "absurdo e mal xestionado, mal definido e mal executado e que non é válido como instrumento de consulta ou coñecemento". "Para que ten servido utilizar a lingua como elemento de división?", engadiu a representante do PSdeG.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: