 
 
As crianzas inician un curso marcado pola inquietude sobre a gripe A e co decreto do galego aínda vixente.
 
											Este curso hai 193.244 matriculados
Un total de 193.244 alumnos de educación infantil e primaria de Galiza inician esta quinta feira o curso escolar, en que o decreto do galego segue a estar vixente, marcado pola polémica sobre as axudas para a compra de libros de texto e a inquietude sobre a gripe A. 
Segundo datos da Consellaría de Educación, este curso contará con perto de dous mil estudantes máis e un notorio aumento de alumnos de orixe estranxeiro, que suma en ambos os dous ciclos un total de 828 crianzas.
  O alumnado matriculado en primaria ascende a 128.174, dos que 88.303 estudarán en centros públicos, 37.280 en centros privados con subsidios públicos (concertados) e outros 2.591, totalmente privados.
  En educación infantil figuran inscritos un total de 65.070 alumnos, dos que 44.657 están en centros públicos, 18.799 en centros privados con axudas públicas e 1.614 en institucións completamente privadas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto