Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma

O ministro de Xustiza defende que o novo Estatuto inclúa o termo 'nación'

Francisco Caamaño considera que pode aparecer no preámbulo porque "esta parte das leis non son lei" e que o importante é o que di o artigo primeiro.

Redacción - 16:00 14/09/2009

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, defendeu este luns a inclusión do termo "nación" no preámbulo do novo Estatuto xa que, indicou, esta parte do texto legal non son leis en si mesmas.

Durante a conferencia A Xustiza en tempos de crise pronunciada na Coruña, Caamaño explicou que, no caso dos estatutos de autonomía, sempre que así o decidan os seus representantes, pode haber elementos vinculados ao propio relato político-histórico do territorio no preámbulo.

No entanto, aclarou que os preámbulos das leis non son lei e que o importante é o que di o artigo primeiro de cada Estatuto, que é onde se recolle a forma xurídica do territorio, que ten que ser a de Comunidade Autónoma, histórica no caso de Galiza, País Vasco e Cataluña.

Así mesmo, o titular de Xustiza recordou, en relación á polémica suscitada pola aprobación dalgún destes textos, que as sentenzas ditadas polo Tribunal Constitucional "han de ser asumidas e acatadas por todos".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: