O mariñeiro, que quedara sen combustíbel na súa embarcación, fora remolcado ao porto de Bouzas por outro barco.
Salvamento Marítimo suspendeu ás dez da mañá a procura dun home que se cría desaparecido dende a noite do luns na zona de Cabo Estai. O individuo atopábase na súa casa en perfecto estado de saúde. Fora remolcado a terra por unha embarcación do presidente da Asociación de Mariñeiros de Bouzas (Vigo), porto en que desembarcou sen problemas, segundo informaron a Europa Press fontes do Servizo de Emerxencias 112-Galicia.
Efectivos de Salvamento Marítimo renovaran hoxe a procura deste home, despois de recibir ás 21 horas de onte o aviso dun particular que alertaba de que un coñecido o chamara para dicirlle que a súa barca quedara sen combustíbel.