Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO RURAL

Galiza e Portugal únense para xestionar os seus montes

O obxectivo é crear unha rede de cooperación para a ordenación dos territorios forestais da Eurorrexión.

Redacción - 12:00 19/09/2009
Fomentar a potencialidade ambiental e produtiva das superficies forestais é un dos obxectivos deste proxecto

Fomentar a potencialidade ambiental e produtiva das superficies forestais é un dos obxectivos deste proxecto

A política forestal galega e portuguesa unirán os seus esforzos da man dun proxecto europeo, o Xes Silvae, que busca fomentar un desenvolvemento sostido dos nosos montes. O director xeral de Montes da Consellaría do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, e responsábeis da administración portuguesa mantiveron unha xuntanza para avanzar nas vías de colaboración e cooperación na ordenación dos territorios forestais.

Este proxecto intégrase na iniciativa comunitaria 'Interreg' e conta cunha inversión de máis de dous millóns de euros. Entre os seus obxectivos atópase o de "aproveitar os recursos forestais, así como incidir na prevención do lume", segundo explicou Fernández-Couto. Asemade Xunta de Galiza e Autoridade Forestal Nacional Portuguesa unirán esforzos no fomento da potencialidade ambiental e produtiva das superficies forestais, "como garantía de futuro para o sector produtivo e a economía das poboacións rurais".

Estas actuacións desenvolveranse até que finalice o ano 2010 e están cofinanciados polas dúas administracións implicadas, co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feder).


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: