Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO INFORME DE REPSOL

O Prestige continúa a verter entre 20 e 50 litros de fuel diarios

O BNG presenta unha iniciativa na que reclama o seguimento do estado do buque, que inclúa a realización periódica de inspeccións submarinas.

Redacción - 13:05 02/10/2009
O Prestige, no momento do seu afundimento

O Prestige, no momento do seu afundimento

O último informe realizado pola empresa petrolífera Repsol-YPF para o goberno español confirma que cada día o afundido Prestige continúa a verquer entre 20 e 50 litros de fuel. Así o subliña o BNG, quen vén de presentar unha iniciativa no Parlamento na que reclama un seguimento do estado do buque "ante o deterioro dos restos do petróleo" que, alertan, podería provocar a saída de máis de mil toneladas, que son as que actualmente hai almacenadas no seu interior".

O responsábel desta iniciativa é o nacionalista Bieito Lobeira, quen advertiu que, segundo a empresa, "quedan 400 toneladas de hidrocarburos nos tanques de proa e outros 700 nos de popa". Así, multiplícase o perigo de maiores verquidos, xa que outro informe elaborado hai xa cinco anos falaba dun importante risco de corrosión e perforacións nos tanques, como consecuencia do seu deterioro estrutural.

O deputado nacionalista considerou necesrio demandar ao goberno español un seguimento do estado do buque, que inclúa tanto a sistematización de operacións no lugar do afundimento, como a realización periódica de inspeccións submarinas. Deste xeito, ademais de tratar de impedir maiores verquidos, coñeceríase o estado exacto do afundido Prestige.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: