Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Caso Gürtel

"Cando prescriben estas cousas?", pregúntalle Crespo ao avogado

Conversa entre o ex secretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo e seu avogado, integrada no sumario feito público este martes polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Redacción - 18:45 06/10/2009

Pablo Crespo: Mira unha cousa, hai un dato que teño que darche. Cando viñeches a última vez, que estaba nunhas dilixencias, esas dilixencias pertencían á apertura dunha caixa de seguridade que tiña eu en Pontevedra, onde eu tiña a información económica de toda a miña xestión como secretario de Organización do PP de Galicia durante catro anos, catro exercicios completos, entón aí hai unha documentación ordenada por min no seu día, porque cando eu me marchei quería deixar as cousas claras.

Avogado: Seguramente.

Pablo Crespo: Pero non creo que sexa un problema xurídico moi grave, salvo o do exercicio de 1999. Cando prescriben ese tipo de cousas?

Avogado: Depende do que esteamos falando, se é un problema de financiamento irregular que pode conducir a un delito electoral, como moito dez anos, pero eu creo que é menos.

Pablo Crespo: Dille a Francisco Correa "como moito dez anos". Eu fáloche de 1999, pero nada máis. Pero ben, vailles a dar ás para...

Avogado: Seguro, seguro. Aínda que fixese vinte anos disto, El País sacaríao igual.

Pablo Crespo: O que me sorprende é que non o saquen esta semana. Se estando o secreto do sumario, se o sacasen esta semana, a lea que se pode montar é morrocotuda.

Avogado: Sácano igual, porque xa mo fixeron con outras cousas parecidas.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: