Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Visita do mediador sudafricano a Euskadi

Brian Currin defende a nova estratexia política de Batasuna e critica as detencións dos seus líderes

Avogado con ampla experiencia en procesos de paz en todo o mundo, Currin ve clave que a esquerda abertzale poida volver "de forma libre" ao ámbito político.

Redacción - 12:15 29/10/2009

Houbo amplo interese esta semana en Euskadi pola visita de Brian Currin, avogado sudafricano que formou parte naquel país da Comisión da Verdade, formoi parte da Comisión de Revisión de Sentenzas de Irlanda do Norte e traballou en procesos de paz en Sri Lanka, Ruanda e Oriente Próximo. Currin chegou a terras vascas convidado pola plural rede cidadá Lokarri.

Currin foi claro ao respecto das recentes detencións de líderes da esquerda abertzale, advertindo de que "levalos a prisión é algo totalmente incomprensíbel". Na súa opinión é "claro" o proceso no que estaban traballando e confía na vontade deste sector de volver á escena política e contribuír a que a ETA deixe as armas. "Para acabar coa violencia é necesario que a esquerda abertzale leve consigo á ETA na viaxe, e separarse da ETA non conseguiría a fin da violencia: ETA debe ir con eles na viaxe", reflexiona. Nesa liña, considera un cambio clave en favor da paz que a esquerda abertzale "puidese participar de xeito libre no ámbito político e democrático, sen prohibicións" e defende o camiño aberto co documento de análise e estratexia política que debaten as bases de Batasuna nas últimas semanas.

Para ampliar:


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: