 
 
O alcalde de Vila Nova de Gaia e presidente do Eixo Atlântico analiza criticamente a situación interna do seu partido, o PSD, logo da última derrota electoral.
 
											Luís Filipe Menezes
Luís Filipe Menezes admitiu que podería estar neste momento a formar goberno de non ter abandonado a presidencia do PSD. Ao termo dun debate sobre a alta velocidade ferroviaria, o alcalde de Vila Nova de Gaia e presidente do Eixo Atlântico confesou que marchou porque lle fixeran "a vida negra". 
  Porén, evitou posicionarse sobre quen debería ser o sucesor de Manuela Ferreira Leite. "Não estou resentido. A peor cousa que eu podería facer era tomar partido a favor de alguén neste momento", sinalou. 
  
Aínda así analizou criticamente a situación interna da formación: "Penso que o problema do PSD non está na diverxencia entre as persoas. Está no feito de, hai unha quincena de anos para acá, non ter coherencia ideolóxica, estratéxica e programática", salientou 
  
Neste senso, Menezes exemplificou a situación afirmando que "non se pode defender o TGV (tren de alta velocidade, TAV) cando se está no goberno e estar en contra cando se está fóra". Ademais, engadiu que "seria un erro dramático" e "unha especie de albanización do país", se Portugal ficase á marxe da alta velocidade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto