A CIG e o BNG critican que o Goberno fale de apostas polo plurilingüismo e logo elimine estadías para o coñecemento doutros idiomas.
Primeiro a CIG-Ensino denunciou que a Consellaría de Educación ten sen publicar a estas alturas as axudas para o intercambio de alumnos co estranxeiro e este mesmo xoves a deputada nacionalista Carme Adán anunciou que se interesará no Parlamento polo ocorrido xa que, segundo lle informaron dende algúns centros, o departamento anunciou telefonicamente a supresión das partidas.
Tanto a formación sindical como a política consideran inaceptábel o feito de que o Goberno fale de fomentar o inglés, mesmo en detrimento do galego, no ensino non universitario e que anule este curso sas bolasa. Adán lembra que o curso pasado participaron nestes programas setenta centros e máis de tres mil escolares.
Dende o Bloque subliñan que a estas alturas a maioría dos centros xa tiña o “intercambio coa viaxe reservada e pagada e as datas arranxadas”, así como desenvoltas unha serie de actividades durante o curso.