Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATALUÑA

Laporta avalía ser o candidato de Reagrupament á Generalitat

O presidente do Barcelona participou esta fin de semana na asemblea da formación e deixou entrever que apoiará a esta forza independentista.

Redacción - 10:41 22/03/2010

Que vai facer Joan Laporta de cara ás vindeiras eleccións catalanas? Esta á unha das grandes cuestións na política de Cataluña. Este domingo o presidente do Barça comezou a despexar algunhas incógnitas logo de participar activamente na asemblea de Reagrupament, excisión de ERC.

Laporta asegura que tomará unha decisión en xuño, cando deixe a presidencia do clube de fútbol, pero deixou entrever claramente que está decidido a apoiar a forza política que lidera Joan Carretero.

“Catalunya está morrendo. Están a matala os que son contrarios a un Estado propio, os que queren manter un estatus, os grupos de presión e os que teñen uns intereses determinados. Está a matala o conformismo dos propios cataláns”, sinalou Laporta no seu discurso diante da asemblea. Defendeu abertamente a necesidade dun novo partido político que traballe pola independencia catalana. Pola súa parte, Joan Carretero aseguroulle a Vilaweb que Reagrupament está a agardar a que Laporta se decida “nós estaremos aquí para axudar”.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: