Manuel Vázquez pide participación na marcha do Día das Letras para “dicirlle a Feijoo que co noso idioma non se xoga”.
Ao tempo que asegurou que “o socialismo está en forma”, Manuel Vázquez conmemorou o seu primeiro aniversario como líder do PSdeG pedindo participación nas mobilizacións en defensa da lingua. O secretario xeral dos socialistas galegos acusou a Alberto Núñez Feijoo de manter unha actitude “testán” con respecto ao chamado decreto do plurilingüismo no ensino.
Nunha xornada na que tamén lle atribuíu outros “grandes fracasos” como o económico, Vázquez chamou expresamente ás bases socialistas a “saír á rúa” o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, “para dicirlle a Feijoo que coa nosa lingua non se xoga”.