Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PARLAMENTO

PSdeG e BNG exixen un calendario para aprobar a nova Lei da CRTVG

Os tres grupos chegaran a un acordo hai máis de dous meses para dotar ao ente público dun novo marco regulador.

Redacción - 18:45 26/04/2010

Cando xa se cumpriron dous meses dende que os tres grupos con representación parlamentaria acordasen por unanimidade reformar a Lei da CRTVG, non hai aínda data algunha para comezar a redacción do novo texto. Tanto PSdeG como BNG reclamaron este luns un calendario para comezar a debater sobre o articulado desta nova norma, que contemplaría a elección do director xeral da Compañía polo Parlamento (maioría de dous terzos e por un período máximo de cinco anos non renovábel en máis de dous mandatos).

Dez días de prazo
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, reclamou a creación “en dez días” da ponencia para redactar a nova lei: “xa se deron os pasos necesarios, mais de momento non temos noticias”, dixo o socialista, quen criticou a “pasividade do PPdeG para comezar a redacción do texto”

Pola súa parte, o portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, coincidiu en defender “a necesidade de marcar un calendario” para que este mesmo ano estea concluída unha nova normativa que permita renovar a dirección da CRTVG. “O PPdeG non está moi interesado en mudar a lei”, dixo ao tempo que exixiu “un novo marco regulador do ente público canto antes”.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: