Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incluído o de Xosé Couso

Presión nos EUA para que se investiguen os asasinatos de xornalistas en Iraq

Un colectivo xornalístico reclama un informe detallado sobre as mortes dun total de 19 traballadores da información por ataques do exército estadounidense.

Redacción - 09:00 28/04/2010

O Comité para a Protección dos Xornalistas (CPJ), un colectivo internacional de defensa dos dereitos dos reporteiros, exixiulles aos Estados Unidos que investiguen e informen sobre os casos de 16 xornalistas e tres traballadores dos medios asasinados polo exército dos EUA en Iraq, entre eles Xosé Couso.

O comité, con sede en Nova York, envioulle unha carta ao secretario estadounidense de Defensa, Robert Gates, pedíndolle que se leven a cabo investigacións exhaustivas sobre as mortes de cara a mellorar no futuro o adestramento tanto dos xornalistas como dos militares.

Mais esas 19 mortes son só unha pequena parte das 192 rexistradas en Iraq dende 1992, segundo a web do CPJ. A petición da investigación prodúcese a raíz dun vídeo filtrado na rede, a través de Wikileaks, dun ataque en helicóptero que matou unha ducia de persoas, entre eles dous traballadores de Reuters, en Bagdad en 2007. Aínda así, o Mando Central do exército dos EUA declarara que non volvería abrir a investigación sobre aquel incidente.

Segundo o director executivo do CPJ, Joel Simon, en declaracións ao Washington Post, non teñen probas de que as tropas dos EUA disparasen intencionadamente contra os xornalistas, entre eles Xosé Couso, aínda que si están seguros de que "a maioría das mortes ou non foron investigadas dabondo ou os militares non fixeron públicos os seus descubrimentos".

A morte de Couso, o 8 de abril de 2003, produciuse ao mesmo tempo cá de Taras Protsyuk, da axencia Reuters. O mesmo día, outro mísil estadounidense rematou coa vida de Tareq Ayyoub, de Al-Jazeera.




5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: