O ex ministro José Alfredo Martínez de Hoz estaba acusado, entre outros, da desaparición dun cidadán galego.
Na altura dos seus 85 anos José Alfredo Martínez de Hoz, de alcuño Joe, considerado o principal cerebro económico da última ditadura militar en Arxentina, durmiu preso a última noite. Durante a tarde deste martes o xuíz federal arxentino Nornerto Oyarbide ordenou o seu arresto.
O caso concreto que facilitou agora o seu ingreso en prisión é a investigación da súa presunta participación no secuestro e extorsión dun empresario do sector do algodón e do seu fillo. O suceso, acontecido en 1976 resolvérase ao cabo de cinco meses cando o empresario accedeu a asinar un contrato de exportación en beneficio do goberno.
A Martínez de Hoz tamén se lle relaciona coa morte do cidadán galego Xan Carlos Casariego de Bel, funcionario daquela na área de Facenda. A oposición de Casariego de Bel á privatización da Compañía Italo Argentina de Electricidad (CIAE), manéxase como un dos supostos motivos que levaron á ditadura a actuar contra el. A Federación de Entidades Galegas presentara un pedido de investigación ante a xustiza federal que non prosperou, pero agora o caso reabrirase tras ao paso dado pola Secretaría de Dereitos Humanos.
Para ampliar: