Os nacionalistas lembran que a Unión Europea ten denunciado o incumprimento das directivas europeas.
Os dous deputados nacionalistas no Congreso rexistraron unha iniciativa na que demandan explicacións ao goberno español pola tardanza nos proxectos de depuración e saneamento de augas nas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago. Dende o Bloque lembran que a Comisión Europea vai denunciar o Estado Español nos tribunais por incumprir a directiva comunitaria que obriga a contar cunha rede de saneamento para non verter augas residuais a mares e ríos.
A deputada Olaia Fernández Davila subliñou que “o proxecto de depuración de augas para Vigo non avanza, a posta en servizo da Edar de Bens en a Coruña padeceu numerosos retrasos e respeito á depuración de augas en Santiago, o retraso é aínda maior”.