Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO HISTÓRICO

UE e FMI mobilizan 750 mil millóns para blindar o euro

O pacto busca cubrir posíbeis necesidades de estados con problemas de solvencia e protexer a moeda única contra a especulación dos mercado.

Redacción - 08:50 10/05/2010
Tags: acordo euro

A inestabilidade que estaba a vivir nas últimas semanas a moeda única fixo que a Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional negociaran até ben entrada a madrugada deste luns para mobilizar 750 mil millóns de euros. A histórica operación financieira busca “rematar contra a débeda soberana dalgúns estados membros (entre eles o español) e frear a caída da divisa europea”.

A Unión Europea reserva fondos (60 mil millóns) para axudar a calquera estado membro con dificultades. Se isto non chegase, os estados da eurozona comprométense a garantir empréstimos bilaterais de até 440 mil millóns máis. O FMI tamén se compromete a achegar créditos de até 250 mil millóns de euros.

Xornais como o inglés The Times ou o francés Le Monde fan fincapé nas súas informacións en que un dos fins últimos do plan aprobado con urxencia é evitar que crises como a grega se contaxien a economías que viven un momento fráxil e citan o caso da española e da portuguesa.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: