Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alta velocidade ferroviaria

O goberno español renuncia ao TAV entre Monforte e o Bierzo

A Junta de Castela e León informou de que finalmente se construirá por Zamora, e non por Ponferrada, como se comprometera.

Redacción - 12:00 04/06/2010
Estación de tren de Ponferrada / D.L.

Estación de tren de Ponferrada / D.L.

O tren de alta velocidade que conectará o noso país coa meseta non pasará polo Bierzo, segundo lle confirmou este martes o secretario de Estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, á Junta de Castela e León que informou de que finalmente se construirá por Zamora, e non por Ponferrada, como se comprometera.

Porén, desde o Ministerio de Fomento matizaron a información da Junta poucas horas despois a través dun comunicado. Sinalan neste que o goberno español non desbotou o traxecto desde Madrid a Ponferrada, mais que hai "outras prioridades". A nota non especifica que pasará co acceso a Galiza desde a capital do Bierzo.

"En ningún momento o Ministerio de Fomento desbotou a execución da liña de alta velocidade León-Ponferrada", aínda que recoñece que "a actual situación económica obriga a estabelecer prioridades en materia de investimentos en infraestruturas", apunta o departamento que dirixe Xosé Blanco.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: