Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORRUPCIÓN

O xurado considera culpábeis de suborno a dous ex concelleiros de Gondomar

Ve probado que os dous edís do PP e o arquitecto municipal pediron cartos a cambio de favorecer promotores urbanísticos.

Redacción - 18:37 04/06/2010

Un xurado popular ditaminou este venres que dous ex concelleiros do PP de Gondomar, Alejandro Gómez e José Luís Mosquera, e o arquitecto Borja Ramilo son culpábeis de tres delitos de suborno. A sentenza considera probado que os tres procesados pediron cartos a promotores a cambio de favorecer determinados convenios urbanísticos.

As probas principais foron as declaración dun dos procesados, as escoitas telefónicas que descubriron o caso e diversas testemuñas recollidas no xuízo. Así o edil José Luis Mosquera terá que facer fronte a unha multa de 135 mil euros, Alejandro Gómez terá que pagar algo máis dun millóns de euros e quedará inhabilitado para cargo público. No caso do arquitecto, a sanción será de 70.500 euros. Este último e Mosquera viron reducidas as sancións ao teren colaborado coa xustiza.

Os feitos tiveron lugar no ano 2007, cando o consistorio estaba gobernado polo rexedor do PPdeG Carlos Silva. En febreiro dese ano, a Garda Civil detivo a José Luís Mosquera cando se reunía nunha cafetaría de Vigo para recoller un suborno de 60 mil euros.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: