Velaí unha peza que se define por si mesma: son Skandalo GZ, facedores de punk-ská da terra de Ponteareas.
"Esta é unha canción feita e dedicada a todos os traballadores e traballadoras que estivemos na folga do metal, loitando por un traballo e un salario digno e sendo golpeados polas forzas do Estado español , tamén dedicado a todos os feridos polos antidisturbios, a todos os multados polo Estado español e a todos os feridos na folga: e como non, que mellor momento ca este que din que estamos en crise para meter caña caña e caña coma neste tema".
Así nos presentan este seu tema os pontearáns de Skandalo GZ. Son Óscar (guitarra e voz), David (baixo), Rantan (batería), Sergio (trombón de baras) e Fabián (trompeta). "Definimos a nosa música como música para a clase obreira, con letras de información sobre inxustizas da vida, política e socialmente", explican. En 2008 gañaron o premio do público na edición daquel verán do A Polo Ghit coa súa lembrada peza titulada 'Likor Kafé'. Ese mesmo ano foron finalistas do certame Nsaio no Camiño. E tamén triunfaron no festival Millo Verde en 2009.