Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: apologhit2010

9/Xullo/2010 /

Peneirando pezas na procura da canción do verán

Haberá que agardar aínda uns días para coñecer o tema gañador. De momento, presentámosvos o xurado, apadriñado por todo un mestre de artistas: Xil Ríos.


5/Xullo/2010 /

Como me gustan as noites de festa!

Ao ritmo da Moza, de Kogito, ghit da semana, chegamos á recta final do certame deste ano.


3/Xullo/2010 /

A ghit-historia: cinco anos de éxitos para bailar o verán

O certame suma nesta edición tres ducias de temas e acumula até este quinto aniversario máis de 260 pezas.


2/Xullo/2010 /

'Camiñando pola leira, agharrado ao meu fouciño'

Desde Bandeira chega a última peza a concurso, 'Meu pai', unha proposta do grupo 'Tu mujer nos engaña'.


1/Xullo/2010 /

'Busco amante galegofalante'

Os vencedores do certame en 2007, Sacha na Horta, volven ao concurso cunha peza que, avisan, é un "alegato ao pracer oral".


30/Xuño/2010 /

'Colle e sulfata, ata e poda que non mata'

Saen do forno os últimos ghits chegados antes de pechar o concurso. A Amiga Fea envíanos a peza 'Amorío no estío'.


28/Xuño/2010 /

Dagon e Moza, ghits da semana

O furolazo 'lovecraftiano' de Shit Pony seduciu os internautas durante os últimos sete días. Atrás del, chimpou con fortaleza a 'Moza' de KoGiTo.


24/Xuño/2010 /

Brigadas e empanadas

De terras do Ribeiro chega un novo ghit de verán na véspera do prazo de finalización da recepción de pezas para o certame.


23/Xuño/2010 /

Jei! ...chuchamel!

Carrero Bianco están xa en concurso desde comezos de mes. Agora achegámosvos o seu videoclip da peza 'Árdeme o eixe'. Vídeo no interior.


22/Xuño/2010 /

'Gladiador': un ghit chegado desde a outra beira do Miño

Aproveitando a presentación do seu álbum '30 anos de trabalhos esforçados', desde o Porto chega agasallo dos Trabalhadores do Comercio.


21/Xuño/2010 /

Moza e A marajota, ghits semanais

Empate nas preferencias internautas dos pasados sete días entre Kogito e O tren da unha. Mira a nosa lista mentres entramos no treito final para a recepción de pezas!


20/Xuño/2010 /

'Íspese e vai para o mar'

Ghit domingueiro para escoitar mentres cae o sol que chega da man de Shit Pony: 'Dagon'.


19/Xuño/2010 /

Viva O Galego (radio version)

Así se titula o ghit deste sábado, cortesía do californiano Zan Hoffman co seu proxecto Bodycocktail.


16/Xuño/2010 /

'Espabila, que a noite está a rematar'

Na cuarta feira chega o agasallo ghit dos KoGiTo, coa súa peza titulada 'Moza'.


15/Xuño/2010 /

'Estalará teu peito coa verdade'

O cantautor Fuco Xabier agasállanos co seu ghit 'Meniños Bomba'.


14/Xuño/2010 /

Ulträqäns, Ses e O tren da unha rachan os marcadores semanais

A ritmo de Quimbumbia, Tola atrás de ti e A Marajota, repártese o podio dos ghits dos últimos sete días.


13/Xuño/2010 /

Este verán 'sóbranos o chiculate'

Logo de agasallarnos hai dous anos co seu Xeikiourás, os Gheada volven con novo ghit praieiro.


12/Xuño/2010 /

Caña, caña e caña

Velaí unha peza que se define por si mesma: son Skandalo GZ, facedores de punk-ská da terra de Ponteareas.


8/Xuño/2010 /

'Deus xa nunca pasa por aquí'

O cantautor Miguel Alonso é o encargado de agasallarnos este martes cun novo ghit.


7/Xuño/2010 /

A marajota non para de brincar

A peza composta por 'Piticas' para 'O tren da unha show' imponse na quenda de votacións da pasada semana.