Na cuarta feira chega o agasallo ghit dos KoGiTo, coa súa peza titulada 'Moza'.
"Esta peza pretende ser unha oda a todas aquelas persoas que tiveron a ocasión de coñecerse e namorarse nas noites de festas de calquera pobo ou vila", cóntannos a xente de KoGiTo.
E desafían os KoGiTo: "Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar. Esa é a nosa proposta. Un consolidado grupo de once compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. Serás capaz de manterte completamente inmóbil?".
KoGiTo son: Isaac (gorxa), Natxo (Gorxa), Juan (Guitarra e Teclado), Saúl (Batería), Mario (Baixo), Valen (Guitarra), Rubén (Percusión), Carlos (Saxo Tenor), Adrián (Saxo Alto), Bruno (Trombón) e Manu (Trompeta).