O furolazo 'lovecraftiano' de Shit Pony seduciu os internautas durante os últimos sete días. Atrás del, chimpou con fortaleza a 'Moza' de KoGiTo.
"Somos unha banda 100% de postureo, e estamos orgullosos", cóntannos os Shit Pony
Chegaron á lista de A Polo Ghit 2010 xustiño ás portas do solsticio. Era o pasado domingo cando Snob Megalove e Alex Koplobitch nos presentaban a peza titulada 'Dagon', segundo single do seu proxecto Shit Pony. Autodefinido como "un furolazo de garaxe-punk lovecraftiano que nos fala de amor, praia e monstros mariños", o retrouso de verán dos Shit Pony gañou o favor maioritario na semana na que pechaba o prazo de recepción de cancións para o A Polo Ghit.
Aquí o que nos aclaran sobre as influencias neste 'Dagon: "A Sombra Sobre Innsmouth, de HP Lovecraft e a perralleira adaptación cinematográfica Dagon: A Seita do Mar, rodada en Combarro e ambientada na Galiza contemporánea".