Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

Brigadas e empanadas

De terras do Ribeiro chega un novo ghit de verán na véspera do prazo de finalización da recepción de pezas para o certame.

Redacción - 13:45 24/06/2010

"O Tristetto é unha banda formada no Ribeiro (fantástico viño famoso no mundo enteiro), que se forma para cada concerto e se desfai ao rematar… e levamos así dous anos. Os cambios na formación son habituais, pero desta vai… ou iso creemos".

Desta vez, o Tristetto está composto por:

Ainhoa: Voz
Belén: Voz
Marcos: Batería e percusións
Afonso: Trombón de varas
Tino: Saxo alto
Raul: Guitarra e voz
Benito: Baixo

Os controis de son e da grabación foron dirixidos por David “Cabras” Martínez, e a canción foi gravada no estudio público da Casa da Cultura de Ribadavia. A canción fala dun mundo imaxinario que non se chama nin Ribeiro, nin Ourense, no que non se reflexa unha historia real…. senón a realidade dunha historia.





Letra:



BRIGADAS I EMPANADAS



Sabías ti que el da política pasaba

Só foi o mitin no que daban empanada

Xusto o momento, cruzáronse as miradas

O frio silencio cruzouno a bola de palla

Viño tinto de dudosa procedencia

Fresco liño pro teu cargo de partido

Mans polo lombo sorrisas obrigadas

As conciencias arroutaban ….a empanada

A empanada

Baixaba o tinto brotaban as palabras

Escuros morros e meixelas coloradas

Chega o momento a meirande arroutada

Ofrecéchesme traballo na brigada

Na brigada

Que bochorno morro do meu asombro

Refuxiarémonos enton nas foliadas

Cambialo todo para apenas cambiar nada

Outros caciques valiaran estas andainas

Brigadas i empanadas

Outros caciques valiarán estas andainas

Brigadas i empanadas

Cambialo todo para apenas cambiar nada

Brigadas i empanadas

As conciencias arroutabana a empanada

Brigadas i empanadas

Ofrecéchesme traballo na brigada

Brigadas i empanadas

Outros caciques valiarán estas andainas

Brigadas i empanadas

Cambialo todo para apenas cambiar nada

Brigadas i empanadas

As conciencias arroutabana a empanada

Brigadas i empanadas

E que lle den á miseria da cuchipanda (x 5)



Remexe en todas as peza no A Polo Ghit 2010


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: