Logo de agasallarnos hai dous anos co seu Xeikiourás, os Gheada volven con novo ghit praieiro.
"Esta canción trata, como todas as cancións do verán, de sol, praia, sexo, etc. Pero, tras a catástrofe da plataforma Deepwater Horizon (e as do Exxon Valdez, Urquiola, Erika, Prestige...), co que ten chupado o océano, quen se atreve a bañarse no mar? Este tema "technoecolóxico" denuncia, con certa ironía, o vertedeiro no que se están transformando os nosos océanos".
Deste xeito nos contan a xente de Gheada deste seu ghit 2010 baixo o título 'Praia'. Recordade que no especial 2008 Gheada participou coa peza Xeikiourás.