Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS RECEITAS DA DEREITA

Rajoy mostra as súas cartas: Máis facilidades para o despedimento e rebaixa de impostos

O líder do PP español deixa claro que el liberarizaría aínda máis o mercado laboral.

Redacción - 17:55 25/06/2010
Tags: crise Rajoy

O Partido Popular español optou nos últimos meses por unha política de desgaste contra o goberno sen ensinar ás claras as súas alternativas en materia económica. Porén, este venres, o seu líder, Mariano Rajoy, comezou a debullar algunhas das medidas que tomaría se estivese no poder.

Rajoy avogou por unha reforma laboral que vaia máis aló da aprobada recentemente polo Consello de Ministros. Para a dereita española é preciso revisar conceptos como o da negociación colectiva e restrinxila a acordos dentro do marco da propia empresa.

O PP considera que urxe unha regulamentación “clara e sinxela” em materia laboral para que a extinción de contratos sexa menos complicada para o empresario e onde a presenza da autoridade xudicial se reduza:”que a xente non teña que estar seguido nos tribunais”.

Menos impostos para as socidedades e ningún aos bancos

Ademais dunha reforma laboral máis radical, Rajoy defende rebaixas no imposto de sociedades das pequenas e medianas empresas, no IVE no sector turístico e no IRPF dos traballadores autónomos. Ademais subliña que non é partidario de crear ningún novo imposto ás entidades financeiras.

Formación a parados

O PP semella achegarse nalgunhas propostas a CiU. Ao igual que os nacionalistas cataláns, os populares subliñan que un dos principais problemas co que se atopan os desempregados e a falta de formación. A semana pasada, o deputado Durán i Lleida avogara pola necesidade de vincular o subsidio do paro á obrigatoriedade de formarse.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: