Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Probábel anuncio de disolución este venres

O desmantelamento do consorcio, agoiro da volta ao clientelismo

"Puro sectarismo político", repróchanlle ao PP desde o Bloque, prevendo a privatización de servizos e o regreso da discriminación en función da cor política.

Redacción - 11:05 30/06/2010
Estampa dunha mobilización a comezos de ano en defensa do sistema público de servizos sociais

Estampa dunha mobilización a comezos de ano en defensa do sistema público de servizos sociais

Destrúese un modelo "que estaba funcionando ben" e que contaba co favor dunha maioría de gobernos locais de todo o país independentemente da cor política. E faise "por puro sectarismo do Partido Popular, tratando de derrubar un símbolo da política do BNG na Xunta de Galicia a favor duns servizos sociais públicos e universais".

Quéixase o BNG deste xeito ás portas da asemblea que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar celebrará o próximo venres. Unha reunión na que, previsibelmente, o ente confirmará o acordo de disolución para integralo na Axencia Galega de Servizos Sociais. Un desmantelamento que, segundo advirten desde o Bloque, é un chanzo no camiño de "privatizar os servizos sociais e regresar ao clientelismo político cos concellos".

Os nacionalistas din non ter dúbida de que con este desmantelamento se racha o carácter público e universal dos servizos sociais e que "a intención do goberno do PP é claramente a de privatizar estes servizos (centros de día, galescolas.....)". A posibilidade de manobrar coas porcentaxes en función do concello que se trate, agoiran, volve estender sobre a actuación da administración a sombra do clientelismo e a "discriminación entre concellos en función da súa cor política". Na práctica, os municipios deixan de participar na planificación, decisión e xestión dos centros, "pasando dun sistema de cooperación en pé de igualdade a outro dependente da Xunta, que ten os dous terzos dos representantes da Axencia Galega de Servizos Sociais". Por outro lado, a modificación no que lle toca ao financiamento implica que un terzo dos gastos de xestión a achegar polos concellos deba ser en efectivo, lastre engadido para as facendas locais en conxuntura de crise.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: