Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: agustin-hernandez

9/Xuño/2010 /

Tránsfugas "pagados con subornos" e erosión da Axencia Urbanística

PSdeG e BNG denuncian que o PP "truca" o urbanismo. O conselleiro de Política Territorial di estar satisfeito co balance da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.


11/Abril/2010 /

A Xunta estuda a creación dun Ente Ferroviario Galego

Segundo lle trasladou o conselleiro de Infraestruturas aos ecoloxistas, o Goberno pedirá o traspaso a Galiza das competencias sobre as vías galegas.


20/Febreiro/2010 /

Hernández evita valorar o avance da causa aberta contra el

Di que non adicará "nin un minuto" á situación, malia que o xulgado pontevedrés dá o paso para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) investigue o asunto.


A Xunta decidirá antes de xullo onde sitúa a segunda planta de Sogama
19/Xaneiro/2010 /

A Xunta decidirá antes de xullo onde sitúa a segunda planta de Sogama

O Goberno inclínase polo sur so país. O único pechado é que "cómpre facer un complemento" da actual.


25/Novembro/2009 /

Os cambaleos co plan hidrolóxico fan ventar máis furados nos ríos

A Xunta promete axilizar o proxecto para a "correcta xestión" das augas do país. Os socialistas ven "desculpas que agochan próximas tropelías co medio ambiente".


13/Outubro/2009 /

A Xunta defende participación privada en infraestruturas, a oposición di que o PP "volverá hipotecar Galiza"

O conselleiro Agustín Hernández nega que estea abrindo a porta a privatización ou peaxes directas. PSOE e BNG ven unha "axenda oculta".


2/Agosto/2009 /

A Xunta apanda cos furados de Iberdrola na Ribeira Sacra

A Consellaría de Medio Ambiente limítase a asegurar que "vixiará" as obras que realiza a empresa eléctrica.


2/Agosto/2009 /

Hernández achega un "ambicioso" plan de saneamento, o PSdeG retrúcalle que "copia" o que deixou o bipartito

O conselleiro de Infraestruturas asegura que as 79 actuacións proxectadas para 83 concellos, crearán 7 mil empregos.


Hernández asegura que a ampliación da planta de Sogama mellorará a súa capacidade en 342 mil toneladas
12/Xullo/2009 /

Hernández asegura que a ampliación da planta de Sogama mellorará a súa capacidade en 342 mil toneladas

O conselleiro de Medio Ambiente confirmou que os resultados da autoría ambiental que se está a efectuar coñeceranse "este verán".


10/Xullo/2009 /

A Xunta sinala que o goberno español está a paralizar a ampliación de depuradora de Vigo

Segundo a Consellaría de Medio Ambiente, o MARM rexeitou a proposto de Executivo Galego para adiantar os fondos dirixidos a licitar e executar esta obra.


Agustín Hernández, conselleiro de Territorio
24/Xuño/2009 /

Territorio di que o Plan de Infraestruturas 2009-2015 será un novo Plan Galicia

O conselleiro Agustín Hernández, nun foro da canle de TV 'Intereconomía', aproveitou para criticar os "incumprimentos" do anterior Goberno bipartito.


4/Xuño/2009 /

O PSOE ironiza co "famoso código ético" do PP

Os socialistas cargan de novo contra o conselleiro de Territorio, Agustín Fernández.


30/Maio/2009 /

Hernández di que hai un desaxuste de corenta millóns no Instituto de Vivenda e Solo

O conselleiro de Territorio fala de "burato negro" e asegura que o bipartito creou "unha especie de administración parella".


29/Maio/2009 /

Os veciños de Navia piden non desandar camiño no freo ás fraudes coa vivenda pública

Non ven motivo para reformar o rexistro estabelecido polo bipartito, que consideran un "avance" contra as prácticas "fraudulentas e especulativas" no sector.


27/Maio/2009 /

O PSdeG presentou a querela contra Agustín Hernández pola certificación irregular dunha obra

A lea pola certificación e pago dunha obra que a día de hoxe está sen rematar, chega á fin aos tribunais.


27/Maio/2009 /

Greenpeace pídelle á Xunta que se permitan parques eólicos no mar

"Galiza non pode pecharse a esta alternativa de enerxía limpa", dixéronlle os ecoloxistas ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.


22/Maio/2009 /

O PSdeG denuncia no xulgado a Hernández pola certificación irregular dunha obra

A vindeira semana os socialistas presentarán documentación contra o conselleiro por un feito acontecido cando era director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.


7/Maio/2009 /

O PSdeG sinala que xuntar Medio Ambiente e Infraestruturas é " como poñer o raposo coidando das galiñas"

A ex conselleira de Pesca, Carmen Gallego critica que a Xunta "relega a nada" a política ambiental, ao non crear unha Consellaría de Medio Ambiente como tal.


3/Maio/2009 /

O PSOE teima coas sombras de Hernández e o PPdeG recupera a polémica do Barbanza

Os socialistas consideran "indefendíbel" que o conselleiro siga na Xunta. Os populares tiran de acta xudicial para denunciar "irregularidades" na adxudicación da autovía.


27/Abril/2009 /

O Bloque pide determinar se Agustín Hernández incumpriu a Lei de incompatiblidades

O grupo nacionalista do Parlamento esixe saber se houbo conflito de intereses nas obras adxudicadas por Hernández na era Fraga a unha empresa á que despois se incorporou.