Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: reino-unido

O parlamento británico debaterá unha moción de apoio a Cataluña
15/Xullo/2010 /

O parlamento británico debaterá unha moción de apoio a Cataluña

A proposta, presentada polo Plaid Cymru, afirma é unha nación e que os cataláns teñen dereito a decidir democraticamente o seu futuro.


6/Xullo/2010 /

A reforma do sistema electoral británico irá a referendo

En xogo está a introdución dun esquema máis proporcional, tal e como reclaman os liberais. Os conservadores xa anunciaron que pediran o "non" á reforma.


O Goberno británico sobe o IVE ao 20% e recorta as axudas sociais
22/Xuño/2010 /

O Goberno británico sobe o IVE ao 20% e recorta as axudas sociais

Prevé, porén, un novo imposto á banca e un incremento na fiscalidade ás rendas de capital máis altas, do 18% até o 28%.


24/Maio/2010 /

O goberno británico anuncia un forte recorte de gasto público

O plan contempla unha redución do déficit de 7.260 millóns de euros mais o propio executivo que haberá “outras decisións difíciles”.


David Cameron, 'sangue azul' no 10 de Downing Street
12/Maio/2010 /

David Cameron, 'sangue azul' no 10 de Downing Street

Os conservadores volven ao poder 13 anos despois logo de chegar a un acordo para formar unha coalición cos liberais de Nick Clegg, que será o seu número dous.


Gordon Brown abandonará a primeira liña política en outono
10/Maio/2010 /

Gordon Brown anuncia a súa retirada da primeira liña política para o outono

O primeiro ministro británico renuncia a continuar á fronte do Partido Laborista e dun hipotético goberno de coalición con Nick Clegg.


O embaixador británico apela ao pasado celta para enxalzar a relación con Galiza
9/Maio/2010 /

O embaixador británico apela ao pasado celta para enxalzar a relación con Galiza

Giles Paxman presentou de xeito oficial a cónsul honoraria no noso país, María García de la Concha.


Cameron agradece a disposición de Clegg e proponlle unha "grande oferta aberta"
7/Maio/2010 /

Cameron agradece a disposición de Clegg e exponlle unha "oferta aberta"

O profundo euroescepticismo de Cameron fronte ao europeísmo de Clegg -que mesmo chegou a pedir a entrada do Reino Unido no euro- principal obstáculo.


Albíscase a fin do mandato laborista no Reino Unido
7/Maio/2010 /

Albíscase a fin do mandato laborista

Confírmase a vitoria conservadora en número de votos e escanos, mais sen maioría absoluta. Resultados desiguais para nacionalistas de Escocia, Gales e Irlanda do Norte.


Cara a un Westminster sen maiorías
6/Maio/2010 /

Cara a un Westminster sen maiorías

Os británicos votan desde as 7.00 horas desta quinta feira nas eleccións máis competidas en 36 anos. O SNP escocés aspira a ser cuarta forza a nivel estatal.


3/Maio/2010 /

Eleccións británicas: do bipartidismo ao bipartito?

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional analiza os escenarios electorais no Reino Unido de cara aos comicios parlamentarios do próximo 6 de maio.


16/Abril/2010 /

Enquisas e prensa dan gañador do primeiro debate ao líder dos liberais

Nick Clegg tería superado ao laborista Gordon Brown e o conservador Cameron. As formacións de Gales, Escocia e Úlster non foron convidadas.


Os 'tories' volven renegar do euro e prometen unha "lei de soberanía"
14/Abril/2010 /

Os 'tories' volven renegar do euro e prometen unha "lei de soberanía"

"Un goberno conservador nunca o introduciría, prometen os de David Cameron, que se opoñen ademais á federalización da UE.


O cartaz de PETA: "Raza superior?"
27/Marzo/2010 /

Raza superior?

A autoridade encargada de regular os estándares na publicidade do Reino Unido dálle o visto bo a un polémico anuncio da organización PETA.


Un xornalista intenta 'arrestar' a Tony Blair no Parlamento Europeo
23/Marzo/2010 /

Un xornalista intenta 'arrestar' a Tony Blair no Parlamento Europeo

David Cronin, colaborador de The Guardian, agarrouno dun brazo e convidouno a ir á comisaría de policía máis próxima tal e como estabelece a lei.


Israel, facendo amigos
23/Marzo/2010 /

Israel, facendo amigos

O Exército -que perde un soldado por "fogo amigo"- lanza o segundo ataque sobre Gaza en dous días, e Netanyahu desafía os EUA. O Reino Unido expulsará un diplomático israelí pola operación do Mossad en Dubai o mes pasado.


Hamás promete vinganza polo asasinato dun seu dirixente en Dubai
18/Febreiro/2010 /

Hamás promete vinganza polo asasinato dun seu dirixente en Dubai

O crime, propio dun filme de espías, evoca o 'modus operandi' do servizo secreto israelí, neste caso co uso de pasaportes falsos do Reino Unido e outros estados da UE.


Tim Berners-Lee
21/Xaneiro/2010 /

Un dos pais da web axuda á transparencia do goberno británico

Tim Berners-Lee participa nun proxecto análogo ao que puxo en marcha Obama nos EUA e que presenta os datos gobernamentais libremente na internet.


Ferido un policía do Ulster na explosión dun coche bomba perto de Belfast
8/Xaneiro/2010 /

Ferido un policía do Ulster na explosión dun coche bomba perto de Belfast

Nos últimos meses incrementáronse os ataques na zona. En marzo, dous soldados británicos morreron e catro resultaron feridos.


A UE rescata a idea da 'taxa Tobin' que o FMI desbotou hai uns días
11/Decembro/2009 /

A UE rescata a idea da 'taxa Tobin' que o FMI desbotou hai uns días

A imposición dun imposto sobre as transaccións financeiras a nivel global, suxerida xa en 1971, é defendida por Ignacio Ramonet e o movemento ATTAC.