Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo detido en relación coa queima do coche do voceiro nacionalista

"Ímosche causar un mal maior", ameaza dun terceiro implicado ao edil do BNG de Nigrán

A Garda Civil detivo na noite do venres a un terceiro sospeitoso de participar na queima do coche de David Giráldez, edil do BNG de Nigrán. Segundo informa Europa Press, suponse que o sospeitoso, de 51 anos de idade e nacionalidade portuguesa, chamou días despois do incidente ao concelleiro para advertirlle de que lle causarían "un mal maior". Ao detido impútanlle agora un delito de encubrimento e ameazas por ser o suposto autor da chamada.

Redacción - 11:00 03/03/2007
Tags: nigrán

Pola súa parte, Ricardo Manuel Abal López e Xosé Giraldez Fernández, os outros dous acusados de prenderlle lume ao coche do voceiro do BNG en Nigrán, quedaron este venres en liberdade con cargos. Non tiveron que depositar fianza, aínda que terán que acudir ao xulgado dúas veces ao mes até que se celebre o xuízo. O móbil podería ter que ver con cuestións urbanísticas, xa que o edil nacionalista tiña denunciado á empresa dun dos detidos.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: