Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PPdeG: No 17M proposta estrela para a lingua... inglesa

Os populares propuxeron rehabilitar unha aldea por provincia para estudar inglés. Mentres, Feijoo defendeu a liberdade de "escoller" lingua.

Redacción - 09:00 18/05/2007

Unha aldea onde profesores de inglés lles dean clase nesa lingua aos cativos. Foi unha das propostas destacadas deste 17 de maio pola campaña do PPdeG. A iniciativa forma parte do conxunto de programa que os populares presentan para as deputacións provinciais.

Segundo o seu presidente, Alberte Núñez Feijoo, é necesario "tratar de encher de contido" as deputacións. Núñez Feijoo recoñeceu que estas institucións deben "modernizarse e poñerse ao día"- "Son útiles e necesarias, pero é necesario actualizalas e reformarmos os seus contidos". Nesa liña, solicitou que no marco do Pacto Local, a descentralización de competencias se produza non só en favor dos concellos, senón tamén das deputacións provinciais.

Feijoo aproveitou para afondar na proposta de organización territorial que o seu partido leva no programa marco para estas municipais, coa creación das áreas metropolitanas da Coruña e Vigo, unha segunda fase de integración arredor delas de Ferrol e Pontevedra, tres grandes polos en Ourense, Lugo e Santiago, e a creación doutras nove áreas que funcionen como "tecidos de coordinación" dos servizos urbanos, coordinadas polas deputacións.

Doutra banda, nun acto conmemorativo do Día das Letras Galegas á beira das mocidades do seu partido, Novas Xeracións, Feijoo subliñiou que "o galego non se impón, quérese". "As linguas non se impoñen, senón que se falan e defenden desde os pobos". O líder dos populares pediu ao respecto "non caer en erros do pasado".


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: