Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vantaxes fiscais para as hidroeléctricas

O presidente da Fegamp considera "inxustificada" a "alarma social" pola rebaixa do IBI dos encoros

Carlos Fernández asegura que os ingresos dos concellos non só non se verán reducidos senón que "mesmo se actualizarán ao redor dun 2%".

Redacción - 09:00 17/07/2008

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, asegurou esta cuarta feira que a rebaixa do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) aos encoros e á súa valoración catastral está a crear "unha alarma social, de momento, inxustificada". Unha redución que podería repercutir nos ingresos dos concellos.

Fernández, logo da sinatura dun convenio coa Deputación de Lugo, confirmou ante os medios que se trata dunha cuestión na que "leva tempo traballando" en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), xa que "non é un asunto estritamente autonómico".

A intención do presidente da Fegamp podería ser a de atallar críticas como as expostas polo alcalde de Vila de Cruces, Xesús Otero. O dirixente dezao asegurou que o decreto do goberno español polo que se rebaixa o IBI de encoros suporá un prexuízo económico para os concellos que "obrigará a deixar de dar servizos".

Carlos Fernández, que informou que esta "é unha cuestión que se tratou na última reunión da FEMP", asegurou que os ingresos "mesmo se actualizarán, aproximadamente, ao redor dun 2%", baseándose nos datos que lle achegaron profesionais "especializados".


1/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: