Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Intervención no Fórum Europa

Feijoo ten morriña do "bilingüismo cordial" dos gobernos Fraga

Critica, ademais, que os socialistas falasen antes co BNG ca co PPdeG durante o proceso frustrado de reformar o Estatuto.

Redacción - 13:45 17/11/2008
Feijoo nunha xuntanza con xente moza, este venres

Feijoo nunha xuntanza con xente moza, este venres

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este luns a recuperar o "bilingüismo cordial" en Galiza porque, segundo dixo, co actual Goberno, o país "ingresou no club das comunidades autónomas con problemas lingüísticos".

Durante a súa intervención no Fórum Europa, Feijóo considerou que nestes tres anos a política lingüística do PSdeG é a do BNG, formacións as que acusa de "romper" o consenso nesta materia co decreto do galego no ensino.

Por iso, reiterou que unha das primeiras decisións que adoptará de gañar as eleccións será derrogar esta norma. Despois buscará o consenso, proseguiu; de non o conseguir, o PP manterá o acordo que se alcanzou no pasado cando Manuel Fraga presidía a Xunta, anunciou.

"Ningún presidente de comunidade autónoma, mesmo con maioría absoluta, debe romper o consenso do bilingüismo cordial que atopamos durante 16 anos", proclamou Feijóo, e sinalou que "o peor" que se pode facer coas linguas é "prohibilas ou impoñelas". Galiza hai dúas linguas e que as dúas se deben usar con liberdade.

Reforma do Estatuto

Ademais, respecto a unha futura reforma do Estatuto de Autonomía, Feijóo recordou que o PPdeG "sempre" estivo de acordo cunha modificación do texto estatutario. "Mais unha reforma útil que consolide a maior autonomía de Galiza dentro da Constitución e a liberdade dos galegos", argumentou. "Unha reforma galeguista e constitucional", agregou.

Explicou que, se el fose presidente da Xunta, empezaría buscando un pacto cos socialistas para que así "a minoría se sumase ao acordo da maioría". No entanto, lamentou que esta lexislatura se "empezase ao revés" e fose o BNG o que sumara os socialistas.

Ademais, recordou "os antecedentes" dos nacionalistas, que non apoiaron a Constitución española, o actual Estatuto, a entrada do Estado Español na Unión Europea nin a frustrada Constitución Europea.


1/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: