Anunciouno esta cuarta feira a ministra de Sanidade e Políticas Sociais, Trinidad Jiménez, ante o Consello Territorial da Dependencia.
A ministra Trinidad Jiménez
A ministra española de Sanidade e Políticas Sociais, Trinidad Jiménez, anunciou esta cuarta feira que o Estado destinará este ano ao financiamento da Lei da Dependencia, que en Galiza xestiona a Xunta, un 17,5% máis ca en 2008.
O anuncio fíxoo ante o Consello Territorial da Dependencia, conformado por responsábeis das Comunidades Autónomas en asuntos sociais e representantes do Ministerio. Jiménez avogou pola creación dun catálogo de boas prácticas co fin de axilizar a atención dos dependentes.
Ademais, o goberno español proporá que o 20% dos fondos, 283 millóns de euros, se repartan en función do número de persoas realmente atendidas para premiar as CCAA máis ambiciosas na aplicación da Lei.