Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recorren a anulación da súa candidatura

O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso de Iniciativa Internacionalista

A sentenza deberá emitirse antes da media noite desta quinta feira para a sexta, cando comece a campaña electoral dos comicios europeos.

Redacción - 09:00 20/05/2009

A sala segunda do Tribunal Constitucional español admitiu na tardiña desta terza feira a trámite o recurso presentado por Iniciativa Internacionalista contra a anulación da súa candidatura electoral europea, ditada polo Tribunal Supremo. O Constitucional, reunido dende a mañá, resolveu admitir o recurso e deulle un día de prazo á fiscalía e ao goberno español para que poidan presentar as alegacións pertinentes.

O TC debe decidir sobre o recurso antes da media noite desta quinta feira, cando comezará a campaña electoral dos comicios europeos do vindeiro 7 de xuño. O recurso presentado por esta coalición condena a violencia "para obter obxectivos políticos no marco dun Estado democrático", e proclama que nunca empregou medios "que non fosen estritamente políticos" no seu traballo, e que o emprego da violencia non ten a ver co seu xeito de actuar.

Acto en Galiza contra a ilegalización
Na quinta feira, antes de que o TC dite sentenza, celebrarase un acto público no que diversas organizacións políticas, sindicais e sociais, entre elas a FPG -que fai parte da candidatura de Iniciativa Internacionalista-, amosarán o seu rexeitamento á ilegalización da candidatura ca que esta coalación concorre aos comicios europeos.

O acto desenvolverase no IES Santa Irene, na cidade de Vigo, a partir das 20h00. Alén disto, na rede circula, dende a pasada sexta feira, cando o Tribunal Superior decidiu ilegalizar a candidatura, un manifesto de apoio.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: