Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA O TRÁFICO DA LOUSA

Fomento aproba por 30,7 millóns o estudo para a conexión da N-120 co Barco

Será unha estrada de 5,7 quilómetros e discorrerá entre Sobradelo e Valdeorras e pretende derivar o tráfico pesado xerado na zona.

Redacción - 18:30 12/06/2009
Con este enlace preténdese evitar o tráfico de camións de lousa polo centro do Barco de Valdeorras

Con este enlace preténdese evitar o tráfico de camións de lousa polo centro do Barco de Valdeorras

Logo das diferentes polémicas en torno á autovía A-76, aínda en proxecto, que unirá as cidades de Ponferrada e Ourense e que prevé dotar das características dunha autoestrada á actual N-120 no tramo que discorre entre Ponferrada e Monforte de Lemos, coñecemos agora avances na vertebración desta infraestrutura. O Ministerio de Fomento aprobou definitivamente o estudo informativo da conexión entre as estradas N-120 e N-536 no Barco de Valdeorras.

O trazado seleccionado suporá unha inversión de 30,7 millóns de euros e discorrerá entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras e o obxectivo é desviar o tráfico pesado do concello, especialmente saturado polo traslado de material das louseiras. Comeza no quilómetro 41,5 da N-536, na intersección coa OU-122, tomar orientación noroeste e enlaza finalmente coa N-120.

Para o cruce do Río Sil construirase un viaduto de 500 metros de lonxitude cunha pendente do 5%, mediante o cal se cruza tamén a liña férrea e a estrada OU-0801. Tamén se prevé un túnel baixo a ladeira do monte de O Serro, cunha lonxitude de 410 metros e un novo viaduto sobre o val do Río Cigüeño, de 230 metros.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: