Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O futuro das caixas

Presión para a fusión das entidades e recorte aos gobernos en favor do Banco de España

O acordo de PSOE e PP inclúe a negativa de fondos públicos para entidades financeiras que rexeiten proposta fusións interrexionais.

Redacción - 12:25 26/06/2009

Finalmente o pacto entre PSOE e PP semella que non incluirá a retirada aos gobernos autonómicos da capacidade de veto de fusións entre as caixas de aforro, segundo transcendeu nas últimas horas. Trátase dunha supresión que aparecía especialmente polémica á luz da intención do goberno español de favorecer o estabelecemento das chamadas fusións interrexionais, a realizárense entre entidades de comunidades autónomas diferentes.

Con todo, o executivo estatal resérvase medidas de forza para facer presión neste tipo de casos. Así por exemplo, o Banco de España poderá negarlle a achega de recursos públicos a aquelas caixas onde o goberno autonómico exerza dereito de veto fronte ás operacións promovidos e, ou, suxeridas polo Banco de España. En teoría, o goberno español fala de que o fondo sirva para o financiamento de "integracións", non estritamente "fusións", que aproximen entidades na compartición de servizos en favor da súa eficiencia.

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) podería ser aprobado este mesmo venres no Consello de Ministros. O sistema incluirá a esixencia de información ao Congreso por parte do subgobernador do Banco de España, e presidente do FROB, Javier Aritztegui, de cada unha das operacións autorizadas. De xeito paralelo, cada tres meses un representante do Ministerio de Economía deberá comparecer no Congreso para explicar a evolución das inxeccións económicas ás entidades.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: