Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGURIDADE

O debate volve ao Parlamento: Policía Galega ou unidades adscritas?

O BNG sospeita que o Goberno renuncia a un modelo policial semellante ao de Euskadi e Cataluña e que só quere ampliar o convenio que existe co Ministerio do Interior.

Redacción - 13:30 21/08/2009

Galiza vai ter a curto prazo un corpo policial parecido á Ertzaintza ou aos Mossos d'Esquadra? O BNG cre que o novo executivo non está a traballar para lograr este obxectivo. Máis ben, os nacionalistas consideran que a aposta da Xunta podería ser a de avanzar no modelo actual, que se basea en unidades da Policía española adscritas a San Caetano.

O deputado nacionalista Alfredo Suárez Canal anunciou este venres que veñen de presentar unha proposición non de lei para instar ao Goberno a que deseñe unha estratexia para negociar co executivo español o despregamento dun corpo plenamente autonómico. Dende o Bloque consideran que isto, ademais de reforzar o autogoberno, melloraría substancialmente a seguridade no país.

Suárez Canal lembrou que o bipartito tiña dado pasos importantes para a creación deste novo corpo de funcionarios. O parlamentario refírese aos traballos da Consellaría de Presidencia, que a finais de 2008 anunciara que o despregamento dos novos axentes comezaría en 2009 e estaría rematado en 2015. O daquela conselleiro Xosé Luís Méndez Romeu consideraba que nese ano habería catro mil axentes autonómicos distribuídos por todas as comarcas do país.

En xuño deste ano, o novo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, afirmaba que non renunciaba a un corpo policial propio pero subliñaba que os prazos ían ser moito máis lentos e, mentres tanto, o novo Goberno ía apostar a curto prazo por seguir co modelo adscrito. Así, Rueda quere negociar co Ministerio do Interior a ampliación dos axentes adscritos de 370 a 500 para o ano que vén.


3,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: