Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Entrevista para a axencia 'Lusa'

Aulas de portugués "nalgún centro educativo" e "nas escolas de idiomas"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, di que o ensino da lingua portuguesa na Galiza se dará "de haber demanda".

Redacción - 17:30 21/10/2009
Núñez Feijoo falou coa 'Lusa'

Núñez Feijoo falou coa 'Lusa'

A maior axencia de noticias en lingua portuguesa, a Lusa, difundiu esta cuarta feira unha entrevista con Alberto Núñez Feijoo. O presidente da Xunta foi preguntado por diversas cuestións, entre outras, a relación entre o Norte de Portugal e a Galiza no marco da Eurorrexión.

"Galiza e Portugal teñen que ir da man e tentar facer lobby coas restantes rexións europeas para non perderen. O obxectivo número un é facer lobby para que os fondos transfronteirizos aumenten no orzamento da Unión Europea", sinalou, e destacou a importancia do Eixo Atlântico para estreitar lazos.

Noutra cuestión, a do ensino da lingua portuguesa na Galiza, Feijoo recordou a importancia global do portugués, que a par do inglés e do castelán son "eixos vertebrais dos idiomas" e "de haber demanda", a Xunta apostará polas aulas de portugués "nalgún centro educativo e nas Escolas Oficiais de Idiomas".


Ligazóns

1/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: