Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
CONFLITO DE MASSÓ

Corina Porro dá plantón á alcaldesa de Cangas

O Concello convocara a unha xuntanza a Confraría de Pescadores, a empresa  Marina Atlántica e a Autoridade Portuaria de Vigo para buscar "unha solución dialogada".

Redacción - 18:30 04/08/2009
A alcaldesa de Cangas quere "liderar un proceso de diálogo" para buscar unha solución a Massó

A alcaldesa de Cangas quere "liderar un proceso de diálogo" para buscar unha solución a Massó

Unha actitude de desprezo a todos os veciños e veciñas de Cangas. Así cualificou a alcaldesa, Clara Millán (BNG) á decisión da Autoridade Portuaria de Vigo de non enviar a ningún representante á xuntanza convocada para este martes. A convocatoria realizouna o propio concello, co obxectivo de sentar na mesa a todos os interlocutores para buscar unha "saída dialogada" ao conflito do porto deportivo de Massó. Así, estaban chamados a participar representantes da Confraría de Pescadores San Xosé, de Residencial Marina Atlántica e do Porto de Vigo, ademais do propio concello.

Ao remate desta reunión, que durou tres horas, a alcaldesa recoñeceu "a dificultade" de encontrar unha solución, aínda máis coa ausencia da "única persoa con capacidade real de parar esta agresión ao noso concello", en referencia a Corina Porro, que nin acudiu á xuntanza nin enviou a ningún outro representante. Con todo, a presidenta do Porto xa se pronunciara no pasado ao respecto, asegurando que a Autoridade Portuaria non podía rescatar a concesión do porto deportivo de Cangas nin paralizar as obras.

Millán asegurou que está disposta "a liderar este proceso conxuntamente co resto dos autores implicados" e defendeu que "malia as intoxicacións", a súa postura e a do BNG "sempre foi e é contraria á construción do porto deportiva", se ben asegurou que o camiño a seguir non é "nin facer a obra baixo vixilancia policial permanente" nin "organizar unha manifestación tras doutra".


2,33/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: