Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEMORIA HISTÓRICA

A Fiscalía española pon atrancos para que Garzón investigue os crimes da ditadura

Logo de que o propio Zapatero afirmase que o franquismo xa está xulgado pola historia, o ministerio público oponse a un gran proceso e considera que os delitos son competencia dos xulgados locais.

Redacción - 17:15 20/10/2008

A Fiscalía da Audiencia Nacional española vén de mover ficha. O ministerio público considera que o xuíz Baltsar Garzón “carece de competencia” para investigar os crimes cometidos durante a Guerra Civil e na ditadura militar. Logo de que o propio presidente español, José Luis Rodríguez Zapatero, afirmase que o franquismo xa está a ser xulgado pola historia, a Fiscalía presenta un recurso contra o auto de Garzón (.pdf).

Para o ministerio público, a investigación que pretende levar a cabo Garzón non é un asunto de “xustiza universal”. Por iso, quere que cada proceso se tome no xulgado que corresponda. A diferenza é substancial. Os crimes contra a humanidade son competencia da Audiencia Nacional mentres que os xulgados locais teñen competencias para xulgar os delitos comúns.

 Máis aló, a Fiscalía defende que os dereitos da vítimas xa están garantidos coas disposicións da Lei de Memoria Histórica. Porén, a Fiscalía afirma que non se opón a exhumación de foxas de represaliados


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: