Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Columnas

Raúl Asegurado Pérez

A Rebeldía un proceso en proceso: A Rolda

A Rolda de Rebeldía (RdR) é un proceso que, como todo proceso sábese cando se enceta mais non sabemos claramente cal será o seu final. Este proceso iníciase por un grupo de xentes do nacionalismo galego que partilla a súa praxe política fóra das organizacións políticas entendidas como tal....


Xurxo Martínez González

Patrimonio arquitectónico de Vigo: Manuel Gómez Román

(0) Nos derradeiros días de 2009 o Foro Enrique Peinador realizou unha homenaxe ao arquitecto galeguista Manuel Gómez Román. Un busto xunto á súa placa lembran ao extinto persoeiro. A cidadanía de Vigo, e de Galiza no seu conxunto, descoñecen o seu legado artístico....


Henrique del Bosque

Liberdade?

(4) Agroma o discurso da liberdade en boca da dereita, da xenofobia, do nacionalismo español. Dos que chaman pola restrición de dereitos sociais; dos que negan a existencia de dereitos colectivos; dos que demandan políticas penais máis duras, dos que tentan a desaparición de culturas e linguas...


Xosé María Lema

¿Volta á prehistoria da pedagoxía? O profesorado non conta para Educación

(8) Os señores da Consellería de Educación tiveron a ben enviarme un comunicado para explicarme a bondade das “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario” o día anterior á anunciada folga no ensino convocado contra tales Bases. ¡Xa non era sen tempo!, pero fago...


Pablo García Martínez

"Malos tiempos para la lírica"

(3) O sábado pasado, no enésimo xesto de autoengano, baixei a un bar tomar unha infusión e levei comigo os libros que debía estudar durante toda a tarde, para que o peteiro da conciencia non me molestase mentres escoitaba a música con saxofóns e trompetas que poñían naquel local tan cool. Tan cómodo me...


Diego E. Barros

O realismo faino imposible

(2) A última vez que estiven en Chicago era xullo e a cidade aínda vivía o seu idilio cun Barack Obama de recén estreada presidencia. Na Avenida Michigan, principal arteria da cidade, aínda colgaban das farolas os carteis do afroamericano que, coa mirada perdida no infinito, deron a volta o mundo até...


Denís Fernández

De Ribadumia a Montero Ríos (s/n)

(3) Vén de anunciarse unha moción de censura no Porriño que permitirá á dereita local recompoñer a súa unidade e destituír o alcalde nacionalista Raúl Francés. Con esta, son tres as mocións de censura na área de Vigo nas que o Partido Popular ten derrubado gobernos progresistas: Mos, Gondomar e o propio...


Farruco Graña

Espellismo comenenciudo

(3) Segundo o recollido pola Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas cómpre fomentar o uso e difusión (no noso caso) do galego en todos os ámbitos da vida. Unha lingua minorizada, en situación de difícil supervivencia social pola forte presión do idioma dominante, require de apoios decididos,...


Xabier Iglesias

A tribo dos bos e xenerosos

(7) Vivimos tempos de descaste en que os gobernantes abdican da súa responsabilidade, como se “dos propios acentos, tiveran vergonza” – escribiu no seu día Eduardo Pondal.


Manuel Suárez

Un adeus garimoso para o meu amigo Andrés Pazos Pérez

(6) O luns 4 de novembro de 1991 nas páxinas do xornal “Diario 16 de Galicia” publiquei unha nota titulada Un actor galego da emigración. Alí falaba do meu amigo Andrés que me pedira axuda por carta xa que estaba analizando a posibilidade de volver a Galicia xunto coa súa familia. Nacera en Ames e...