Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Manuel Dios

Cidadanía e dereitos humanos

10:49 12/03/2007

Durante tres intensos días, cerca de duascentas persoas de moi diferentes ámbitos (profesorado, pais e nais, técnicos de educación, expertos, alumnado de facultades relacionadas coa docencia...) participamos activamente nos XXII ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ, en Compostela, nesta ocasión, para reflexionar sobre a nova materia implantada pola Lei Orgánica de Educación (LOE) coa denominación de “Educación para a cidadanía e os dereitos humanos” e que será impartida polo profesorado titor en Primaria e polo de Filosofía e Historia en Secundaria a partir do curso que ven.

Desde logo que estamos diante dunha disciplina sobre a que está aberto un amplo debate social, en ocasións, excesivamente visceral, con acusacións non sempre acertadas, moitas veces, moi alonxadas do sereno debate académico, creo que, no fondo, porque están en xogo intereses moi contrapostos.

Non obstante, se nos achegamos con espírito construtivo ós seus contidos mínimos, tal e como figuran nos reais decretos do MEC para Primaria e Secundaria, e á espera de coñecer as concrecións para Galicia, no marco das competencias plenas da nosa Comunidade Autónoma en materia educativa, podemos observar que moitas das argumentacións contrarias á nova materia, desde o noso punto de vista non se sustentan.

A maioría da sociedade non dubida en considerar que a nosa infancia e adolescencia, aquela que estamos educando nos colexios e institutos cada día, necesita, con urxencia, superar as carencias detectables en relación co que podemos denominar como os “valores cívicos e democráticos”, as “competencias básicas cidadáns” ou, si se quere, as “virtudes cívicas comúns”, é dicir, aquelas que consagra a Constitución e o Estatuto de Autonomía co referente fundamental da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Convención dos Dereitos de nenos e nenas. É dicir, a dignidade, a xustiza, a liberdade, a non violencia, a responsabilidade, a tolerancia, a solidariedade, a igualdade e a non discriminación, como fundamentos da convivencia democrática e da vida pública. Iso que algúns denominamos como o “mínimo común ético”.

Por outra parte, existen, como sabemos, unha serie de contidos, de obxectivos, de actividades... que viñamos agrupando baixo a denominación de “eixes transversais”, que impregnan (ou deben impregnar) o currículo en todas direccións, e que, agora, veranse complementados por unha disciplina con profesorado e horario específicos.

Porque a escola non só transmite coñecementos, senón tamén, actitudes, valores e normas. E un dos obxectivos da educación integral da personalidade humana consiste en procurar formar bos cidadáns e boas cidadás para a sociedade do século XXI. Iso que algúns denominan baixo o epígrafe de “aprender a convivir ou aprender a vivir xuntos” en palabras de Delors.

Pero, sen dúbida, educar para a cidadanía e os dereitos humanos, faise, esencialmente, na práctica, exercéndoa, tendo moi presentes aspectos como son a educación afectivo emocional ou a resolución pacífica dos conflitos, os xogos e as dinámicas de aula, a construción da democracia na propia escola, abordando, entre outras, cuestións como o ecodesenvolvemento, a interculturalidade, a prevención do racismo e a xenofobia, a procura da igualdade plena entre homes e mulleres, ata acadar a erradicación definitiva da violencia machista.

Trátase, tamén, de que o alumnado sexa protagonista, de que se implique na comunidade na que vive, na solución dos problemas existentes, de involucrarse e de axudar a construír un mundo mellor, máis pacífico, máis xusto e máis solidario.

Tendo en conta, ademais, que estamos a falar dunha materia que están demandando os organismos internacionais desde hai anos, as Nacións Unidas, a Unesco ou a Unión Europea e que xa está vixente na maioría dos países do noso contorno.

Sorprende que desde a xerarquía eclesiástica católica, acostumada precisamente a adoutrinar por sistema, se acuse ó estado de adoutrinamento coa nova disciplina de cidadanía e dereitos humanos, mesmo chamando á obxección de conciencia, como si se puidera obxectar á democracia ou ós dereitos humanos.

A xerarquía católica debe aceptar que a relixión pertence ó ámbito privado, que crer ou non crer corresponde a unha libre opción individual, pero, sobre todo, que as institucións relixiosas non poden pretender que a educación en valores sexa da súa única e exclusiva incumbencia. Parece excesivo nunha sociedade democrática do século XXI.

A cidadanía e os dereitos humanos son, desde a nosa perspectiva, o”mínimo común ético constitucional” compartido por toda a sociedade e, en consecuencia, os seus contidos afectan á convivencia democrática e, polo mesmo, deberán ser coñecidos, asumidos e practicados por toda a sociedade con independencia das súas crenzas.

Finalmente, a decisión do Presidente Touriño de elaborar unha Carta de Dereitos da Cidadanía Galega como resultado dun amplo debate, aberto e plural, coa sociedade civil de Galicia, reconforta...

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Dios

Manuel Dios (Santiago, 1953) está licenciado en Maxisterio e Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. »



Anteriores...