Xabier Pérez Igrexas (Vigo, 07/08/1984) é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e foi Responsábel Nacional de Ensino Meio da Dirección Nacional de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG). Foi membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.
Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…
Participa do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998, sendo na actualidade Vicepresidente da Asociación Veciñal "Val do Fragoso" . Tamén atende no seu blog.