-Pepiño, non chores. Non hai mal que por ben non veña; anda, ven aquí.
Era a voz da miña tía Mercedes cando eu caera por primeira vez das alturas da cerdeira. E co paso do tempo aprendín a gabear. E souben tamén das frores da mimosa, do toxo e da camelia: primeiras residentes e resistentes contra os días mailas noites máis duras da Natureza. Moitos anos despois visitoume Borges co seu poema “Las causas”. Sempre aprehender. E o moito ben que me chegou.
Coa ousadía que me incendia en arestoras a prol da nosa Lingua quero lembrar con todas vosoutras e vosoutros estas dúas achegas, que acolleran no seu colo os xornais que me abrían a porta para os seus espazos nas páxinas de opinión. Soño reler aquí coa voz ben limpa dende a cerdeira; e na ledicia e na esperanza contra este paratempo de corsarios da comichura en autoodio, esa de-presión da mente que anubra os territorios das consciencias e dos afectos e vai de axiña en miserábel cara á colonización. Ese tanto tanto mal.
Coa recomendación de dous artigos de outroras que cadran oportunos para este nubeiro sobor da Lingua de noso:
Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide no ano 1946. É Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e a súa obra abrangue a poesía, a narrativa, o teatro e o ensaio. »