Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Laudelino Pellitero

Sombras nos 100 días Obama

09:30 30/04/2009

Ao tempo que as pesquisas sorrín ao presidente Barack Obama, o encaixe orzamentario e fiscal antóllase inverosímil. Sobre todo cando as previsións da administración Obama, conta para financiar os xigantescos planos de investimento público con crecementos do 3,2% para o 2010, e do 4% para o seguinte trienio. Cifras que en nada concordan coas previsións do BM ou do FMI, que prognostican grave recesión para este ano e crecemento cero para o 2010.

Nos últimos 25 anos a desigualdades sociais non deixaron de aumentar na primeira  potencia mundial. Se en 1980 o 8% da renda norteamericana estaba en mans do 1% da poboación, un cuarto de século máis tarde ese privilexiado extracto da poboación acumulaba o 23%. Por tanto, é previsible que teña  marxe para a recadación de impostos ao 2% que posúe maiores ingresos dos que a administración Obama pensa recadar un billón de dólares na próxima década. Pero como tamén prometeu unha baixada de impostos para as clases medias, as cifras non acaban de casar. De momento so conta cos activos que lle deixará reducir o 70% dos custes militares que,  hoxe en día, representa o despregue militar en Iraq.

No tema migratorio, a súa aprobación non chega a conseguir o respaldo da metade dos norteamericanos, e mantén en desconfiada distancia da maioría dos veciños do sur, de onde  proveñen 16 millóns de inmigrantes, que demandan a ampliación de dereitos civís para residentes en EEUU.

No informe de Amnistía Internacional, “ Ao cárcere sen xustiza...”, na última década o número de inmigrantes encarcerados pasou de 10.000 a 30.000, a maioría sen garantías legais para a asistencia nos seus procesos xudiciarios.

Á luz do candil que iluminan as enquisas tampouco os nortemericanos semellan ter claro que haxa que xulgar e no seu caso condenar a compatriotas que cometeron torturas, durante a loita contra do terrorismo internacional seguindo as instrucións dos anteriores mandatarios. Barack Obama envía sinais contradictorios que non se corresponden coa era de rexeneración moral que predica.

A promesa de reformar o sistema de saúde deberá esperar. De momento, só está en marcha o paquete lexislativos que lle dará soporte, e que non agarda ser aprobado con antecedencia ao 2010. Tampouco vai ser doado atopar os recursos necesarios para dar cobertura aos 40 millóns de cidadáns que non teñen dereito a saúde cando o gasto médico per cápita xa é de 6800 dólares anuais,

Entre os máis enrabiados detractores están os medios de comunicación ultraconservadores como Fox News, ou Radio Falada, onde a cotío se equipara a Obama, co comunismo, o fascismo ou coa ditadura. Líderes da audiencia como Rsh Limbauugh, que fan público o seu desexo de fracaso para Barack Obama ou mesmo linchan nas ondas ao novo líder republicano, Michael Steele, por ser demasiado benévolo co primeiro presidente negro.

De pequeno tropezo diplomático, que deixa unha mancha no inmaculado expediente da Política Exterior da era Obama, que ten conseguido borrar de súpeto a negra herdanza da era Bush...;  pode considerarse o feito de que metese o nariz  en asuntos internos da Unión Europea, ao avalar publicamente e Praga a entrada de Turquía na UE, causando enorme desgusto entre os máis reticentes focalizados la locomotoras francoalemanas.

Con quen as trazas levan camiño de converterse na relación máis tormentosa da era Obama é con China. O primeiro acredor dos EEUU, está preocupado pola seguridade dos seus investimentos de dous billóns de dólares, que foron manexados coa mesma irresponsabilidade que outros produtos financeiros e perderon preto dun dez por cento do seus valor. A maioría das súas reservas están en divisa norteamericana, por un monto superior ao billón de dólares.
 Aos chineses non lles gusta nada o discurso garantista dos dereitos mediambientais e laborais, que a administración Obama está a introducir nas relacións comerciais bilaterias. A xuízo de beijing , non son máis que artimañas para agachar proteccionismos de novo cuño.

Para o Secretario do tesouro Timothy Geithner, en declaracións ao Senado, a China manipula o tipo de cambio oficial do Iuan. Fai explícita a súa sintonía coa Lei do Comercio e da Concorrencia de 1998, que indica que a manipulación do valor dunha divisa é unha práctica desleal que pode ser castigada con medidas antidumping e subida de aranceis.

Precariedade orzamentaria norteamericana que contrasta coa fortaleza da economía da China, onde están convencidos de estar diante dese tipo de oportunidades que se presentan cada cen anos, cos petos cheos, lánzanse a macroperacións estratéxicas. Hai mes e medio nunha misión empresarial a Europa pecharon contratos por valor de10.000 millóns con alemaña, de 2.000 co Reino Unido e de 320 millóns no Estado Español. Teñen feito oferta ao xigante mineiro angloaustraliano Rio Tinto para chegar ao 20% do accionariado a cambio de 20.000 millóns. Outorgado prestamos a petroleiras rusas como Rosfnet ou Transnefta  a cambio de garantir subministro 300.000 barrís diarios de carburantes rusos. Participado en proxectos de hidrocarburos en Brasil, Irán, etc.

O liderado mundial está en xogo, e na era Obama  a pugna entre emerxentes e vellas potencias semella estar xa aberta, e de consecuencias imprevisíbeis.

4,31/5 (16 votos)



Naceu no ano 1958. É analista internacional. Experto en América Latina, onde ten coordenado múltiples encontros internacionais. Coautor de diferentes libros coma: O Conflito dos Balcáns, Cuba: independencia e Revolución, Rusia: das orixes á crise dun modelo, Homenaxes á Lois Tobío... Colabora tamén con A Nosa Terra, A Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Tempos Novos. Foi Coordenador Editorial de Tempo Exterior. Na actualidade dirixe o Instituto para a Proxección e a Análise Exterior (IPAEX). »



Anteriores...