Nestes días de verán, entre praia e caloriño, e pouco despois de celebradas unhas eleccións municipais, hai un tema estrela na información política: os soldos dos cargos públicos. Moito se escribiu xa sobre o tema, e hai opinións para tódolos gustos. Ben, pois aí vai unha máis.
Considero que os que exercen unha responsabilidade pública, aqueles que deciden que é o que se fai cos cartos de todos os cidadáns, deben estar ben retribuidos. Igual que creo que todos os que desempeñan un traballo, sexa cal sexa, teñen que ter un salario xusto. O que non me parece ben é mesturar unha cousa coa outra.
É dicir, cando falamos do que cobran os políticos falamos diso, e non do que cobran os funcionarios, fontaneiros, enfermeiros ou banqueiros.
Todo o mundo pode participar en política, hai partidos políticos para todas as ideas e senón, tamén existe a posibilidade de crealos. E digo isto para recordarllo a aqueles que din que os políticos só están aí para chupar cartos, para facerse ricos ou cousas polo estilo.
A todos os que din eso os animo a entrar en política, non hai nada máis democrático que iso, presentarte diante dos cidadáns cun proxecto político e que estos avalíen si é un bo proxecto e co seu voto decidan quen goberna os intereses de todos.
Non se pode verter “merda”, e perdoade a expresión, sobre os que deciden adicarse á política, pois é un traballo moi digno e ademáis, e esto é moi importante, coas portas abertas a todos aqueles que queiran traballar polo ben común.
Non sei cal é cantidade exacta que debería cobrar un alcalde, nin o de Ourense nin o de Cangas. O que creo é que as retribucións dos alcaldes e alcaldesas debería estar fixada en función do número de habitantes do concello, do orzamento do mesmo e do número de concelleiros. E así acabaríase todo este enredo.
Outra cousa é o que se acaba de aprobar recentemente, na reforma da Lei de Función Pública de Galicia, de consolidar os complementos de destino dos directores xerais da Xunta. Eu non estou dacordo con isto, e así o manifestei e o manifesto no meu partido nos órganos que considero oportuno.
O que non admito é que ninguén me de leccións de ética. E refírome as declaracións da Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, que, escudándose nunha suposta ética, pide a insubmisión polítca e económica a esta medida.
Digo eu que esto mesmo xa llo manifestaría á Conselleira que a nombrou para que esta á súa vez o trasladase ó resto do goberno nos Consellos de Goberno que tódolos xoves teñen lugar en San Caetano e polo que tamén pasou esta reforma de lei sin que, que saibamos, atopase ningunha oposición dentro do seo do mesmo.
E digo eu que tamén lles manifestaría esto mesmo a todos os seus compañeiros diputados do BNG que votaron favorablemente a esta medida no Parlamento de Galicia.
E digo máis, pregúntome si esa ética da que fala a directora xeral estaría presente cando, por exemplo, se contrataron centos de páxinas de publicidade da consellería á que pertence con información tan relevante como “Plan de Vivenda 2005-2008”, sin ningunha información máis, nin lugar ó que dirixirse, nin medidas do plan nin nada de nada…propaganda pura e dura, vaia…onde está a ética cando se invirte miles de euros nesa publicidade que sólo é fume?
Ademáis diso paréceme moi pouco ético que un responsable público chame a insubmisión e á desobediencia, porque son os responsables públicos uns dos garantes de que se cumplan as leis e de facer cumplilas.
E sí, estou dacordo con Ricardo Varela cando di que unha directora xeral non pode facer un chamamento a que se cometa un delito, neste tema ou en calquera outro. Porque si ademáis de ética ten coherencia ó mellor debería presentar a súa dimisión e criticar esta medida como cidadá, non como política, básicamente porque forma parte do goberno que aprobou a medida e do partido político que a votou no Parlamento.
Ética, toda a do mundo, pero con coherencia, por favor.
Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog. »